Toni García + Yolanda Somoza arquitectos. Pecha kucha Ferrol Vol. V from edicions espontaneas on Vimeo.
O 28 de Outubro 2011 participamos no quinto Pecha Kucha Night celebrado en Ferrol. Neste video poderás ver a presentación, con parte dos últimos proxectos de arquitectura e urbanismo do noso estudio de arquitectura. Nela propuxemos unha reflexión sobre a transformación das cidades e do territorio sobre o que se estenden ilimitadamente. Usando unha secuencia de proxectos dende a rexeneración urbana á rehabilitación medioambiental, podese apreciar como rexenerando, reutilizando, reequilibrando, aproveitando os recursos que temos, e contendo o crecemento, podemos prantexar outro modelo de desenrolo distinto e máis sostenible.
Pecha Kucha Night é un encontro presente en máis de 200 cidades de todo o mundo, creado en Tokio coa idea de amosar o traballo dos novos creativos, e que de xeito informal permite intercambiar ideas sobre arquitectura, deseño, fotografía, ilustración, cine, danza ou calquera tipo de investigación artística ou científica.
Damoslle as grazas a Santi por ternos invitado, pola dedicación que il e os seus colaboradors poñen na organización, e polo compromiso para realizar eventos coma este, que axudan a crear opinión e intercambiar información.
Arquitectura, crecemento urbano, Pecha Kucha, Pecha Kucha Ferrol, rehabilitación medioambiental, rexeneración urbana, Toni Garcia, Toni García+Yolanda Somoza arquitectos, transformación territorial, urbanismo, Yolanda Somoza
Sen comentarios
Envia un comentario: