Sempre que hai unha conferencia de algún arquitecto na escola fago ver aos alumnos o interese que pode ter para as súas procuras, destacando sobre todo que estean alerta para que o arquitecto invitado explique a súa obra dende o seu proceso de proxecto, para que avalíen si o que di e o que fai están relacionados. Este é o reto cando invitamos a alguén a dar unha conferencia, e poucas veces o reto se asume, case sempre o invitado describe a obra e non afonda nas etapas e decisións que tomou durante o seu proceso proxectual, e menos nos erros e acertos que atopou nese camiño.
Semella que os arquitectos temos por formación considerar o resultado final como experiencia definitiva dunha obra construída ou simplemente proxectada, e non tanto a pausa para preguntarnos como traballamos, cales son os pasos que damos e os erros que cometemos para melloralos.
Nunha escola de arquitectura e para un alumno, desentrañar de onde xorden os conceptos e como se transforman en ideas, é fundamental para a súa aprendizaxe. E con esta reflexión, que sempre me acompaña ao escomezo de tódalas conferencias, fomos a escoitar a Sheila O´Donnell. A súa conferencia “Patios, ladrillos e caixas” usa a as súas procuras, obsesións e intereses, ofrecéndonos pequenos fragmentos da vida que acompaña á produción dos proxectos, de xeito que humaniza o proceso proxectual no tempo. As procuras que achega a traverso das montaxes para a bienal de Venecia articulan un discurso enriquecido polos lugares nos que se atopa no intre de pensar, de recoller datos, elaboralos, e probar alternativas.
Temos que dar as grazas a Sheila por esta delicada exposición, por traernos algo das paisaxes nas que se move con John Tuomey, e por amosarnos que con independencia do resultado, a arquitectura é unha experiencia que pertence a un lugar, a un tempo e a os seus usuarios.
CAIXAS
Courts, Bricks & Boxes 1. O´DONNEL&TUOMEY from edicions espontaneas on Vimeo.
PATIOS
Courts, Bricks & Boxes 2. O´DONNEL&TUOMEY from edicions espontaneas on Vimeo.
TIXOLOS
Courts, Bricks & Boxes 3. O´DONNEL&TUOMEY from edicions espontaneas on Vimeo.
An Gaelaras, Bienal de Venecia, Budapest Central European University, Gluksman Gallery Cork, Irish Film Centre, John Tuomey, London School of economics, Lyric Theathre of Belfast, O´Donnell & Tuomey, Sheila O´Donnell
Sen comentarios
Envia un comentario: