“Historicamente o campo da arquitectura foi dominado por dous extremos opostos. Por un lado o avant-garde cheo de ideas tolas, orixinado dende a filosofía, o misticismo, a fascinación polo potencial da forma ou a súa visualización dixital. Eles actúan tan independentemente da realidade que non logran converterse en algo máis que curiosidades excéntricas. Por outro lado está o tradicional, corporacións moi ben organizadas que constrúen predicibles e aburridas caixas de edificios funcionais. Neste campo a arquitectura parece estar atrapada entre dous lados infértiles: xa sexa inxenuamente utópica ou increiblemente pragmática. Nós cremos que hai un terceiro camiño enterrado entre estes, ou un dificilmente visible sobre a delgada pero bastante fértil superposición de ambos os dous. Unha arquitectura utópica e pragmática á vez; unha que se ocupe da creación perfecta do social, económico e ambiental como un obxectivo práctico”.
Asi explica Bjarke Ingels, BIG (antes PLOT), o que entende como arquitectura, esa mezcla de experimentación formal, marketing e venda dun producto fai que actualmente sexa o arquitecto danés máis mediático, e teña a atención de calquer propaganda que exalte o visual na arquitectura fronte a outras cualidades. Nós tiñamos curiosidade por experimentar como sería habitar nalgunha das suás arquitecturas, e da visita ás vivendas que proxectou xunto con Julien de Smedt son os videos que apresentamos. Uns lugares sorprendentes pola combinación de elementos e usos, tan caros e excesivos na súa aparente construcción prefabricada, coma mínimos e inquietantes nos seus espazos interiores.
Antes de ver os vídeos da nosa visita a Copenhague en Abril 2010 podedes ver a charla de Bjarke na que explica como entende o seu traballo en arquitectura. (Para ter máis información sobre a nova arquitectura danesa visita en esta web “COPENHAGUE. Arquitectura en Orestad”).
VIVENDAS MONTAÑA
(para ver planos e información adicional preme aqui)
COPENHAGUE. Plot – Vivendas Montaña from edicions espontaneas on Vimeo.
VIVENDAS VM
(para ver planos e información adicional preme aqui)
COPENHAGUE. Plot – Vivendas VM from edicions espontaneas on Vimeo.
ENTREVISTA
Entrevista Bjarke Ingels (1) from [LIMA]Notas on Vimeo.
Entrevista Bjarke Ingels (2) from [LIMA]Notas on Vimeo.
Arquitectura, BIG, Bjarke Ingels, Copenhague, Dinamarca, Julien De Smedt, PLOT, vivenda colectiva, Ørestad
Sen comentarios
Envia un comentario: