A escomezos de Abril estivemos en Barcelona visitando o proxecto de remodelación dunha mazá do Ensanche de RCR Arquitectos (Rafael Aranda, Carme Pigem e Ramon Vilalta), que converteron unha antiga fábrica de caramelos nunha biblioteca, unha residencia de anciáns e un xardín interior.
A Biblioteca Sant Antoni – Joan Oliver atopase xunto ao Mercado de Sant Antoni, situada no interior da mazá delimitada pola rúa de Manso, a rolda de Sant Pau e as rúas do Parlament e Borrell, e leva o nome do escritor sabadellenco que viviu no barrio, Joan Oliver.
No seguinte video podes ver o noso percorrido polo edificio, un volume que se configura como porta que abre o interior de mazá, dividiendose en dúas pezas que se pegan ás medianeiras e outras dúas pezas que cruzan o baleiro resultante a xeito de pontes. Interiormente as plataformas dos forxados, a través das dobres alturas e os vacios entre elas, ofrecen visións cruzadas entre as plantas e sobre a rúa e o interior de mazá. Se ademas queres ver planos e croquis pulsa AQUI.
RCR I. Biblioteca S. Antoni from edicions espontaneas on Vimeo.
Recuperando o patio interior da mazá para uso público, un percibe a riqueza da proposta do ensanche de Cerdá. Poucas mazás foron abertas tal e como il propoñia, pero aquelas que se poden visitar, sen ter a continuidade que permitiría percorrer a cidade dunha a outra e de forma peonil, son espazos verdes de silencio e xogo como este deseñado por RCR.
Se a biblioteca se desenvolve en altura e pecha a cornixa da fronte de mazá, o centro de maiores esténdese por un lateral do espazo interior, como un valo que permite xerar espazos cubertos, de sombra e asento, previos á entrada ao centro de maiores. Un espazo separado do muro medianeiro por patios, que permiten dar luz e máis repouso aos espazos que se desenvolven no seu interior e nos sotos.
RCR. Centro de Maiores S. Antoni from edicions espontaneas on Vimeo.
Arquitectura, barcelona, Barrio de San Antoni, Biblioteca, Biblioteca en S. Antoni, Cerdá, espacio publico, RCR arquitectos
Sen comentarios
Envia un comentario: