.

enenenen

 

 

REIMA PIETILÄ comentando 4 obras

Apr 7th 2010
No Comments
responder
trackback

En Marzo estivemos no Museo Coleccións ICO de Madrid, visitando a exposición “RAILI Y REIMA PIETILÄ: Desafiando a arquitectura moderna”, primeira retrospectiva que se realiza en España sobre os arquitectos fineses dos anos 60.

A exposición realizada en colaboración co Museo de Arquitectura Finesa de Helsinki, mostraba 9 dos seus proxectos máis importantes, presentados mediante bosquexos orixinais, fotográfias, copias de debuxos e breves textos descritivos. Ademais de proxectos executados, mostrábanse algúns outros que non pasaron dos planos e unha pequena selección do traballo artístico de Reima Pietila. Completaban a exposición 16 maquetas e a película “Estacións: Catro percorridos a través da arquitectura de Raili and Reima Pietila” que podedes ver aquí.

Reima Pietilä from edicions espontaneas on Vimeo.

Reima Pietilä (1923-1993) foi un arquitecto finés que realizou gran parte da súa obra en colaboración coa súa muller Raili Pietilä (1926). Reima Pietilä foi profesor de arquitectura na Universidade de Oulu de 1973 a 1979. A súa vida e obra foron estudados en profundidade polos críticos e historiadores da arquitectura británicos Roger Connah e Malcolm Quantrill, así como polo noruegués Christian Norberg-Schulz. A cuestión fundamental analizada por eles é ata que punto a obra de Pietilä vai contra os principios básicos de racionalismo e economía da arquitectura finesa moderna, unha cuestión problemática se se ten en conta que o arquitecto finlandés máis famoso, Alvar Aalto, foi visto como alguén que xa rompeu co molde da modernidade pura. O enfoque dado por Pietilä á súa obra foi o da arquitectura orgánica, pero cunha concepción moito máis moderna e intelectual. Pieilä, grande estudoso de filosofía, interesouse moito pola fenomenoloxía do lugar, tipificada polo edificio Dipoli de la Student Union (1961-66) na Universidade Tecnolóxica de Helsinki. Esta preocupación polo lugar facíase extensible ás súas inquedanzas sobre a identidade nacional finesa. Chegou mesmo a explorar as posibilidades de obter formas arquitectónicas a partir da linguaxe finesa.

Se hai unha palabra que define o traballo destes fineses é ambición. E risco. Animábanse a desafiar a arquitectura simple e serial que imperaba hai medio século, incorporando á vez formas libres e elementos rectangulares, estruturas tanto anchas coma longas. Basicamente o que había detrás de cada proxecto é un desenvolvemento teórico que rozaba o literario. O mesmo Reima dicía que “cada composición é unha breve excursión no mundo inesgotable da proporción” “no espazo”. Pura experimentación onírica e formal. Na exposición encontrábanse bosquexos, maquetas e fotografías da impresionante e transgresora Igrexa Kaleva ou a Biblioteca Metso, ambas as dúas de Tampere, formulando debates sociais acerca de cuestións relixiosas ou culturais, traspasando o ámbito meramente arquitectónico. Os Pietilä adaptaban o entorno ao seu proxecto, creando un crebacabezas único entre o seu deseño e a natureza que compartía o espazo.


, , , ,

Sen comentarios

Envia un comentario:

REIMA PIETILÄ comentando 4 obras

EE funciona bajo Wordpress. Theme unstandard modificado y traducido por pgfernandez.es