rua general
san martín 5 baixo
15008. A CORUÑA
T/F(+34) 881 913 238
M(+34) 620 306 238
M(+34) 639 141 396









Outras casas outros hábitos.

Toni García . Yolanda Somoza

Archivos pdf:
Ver pags 11-20

 

Comprar

Resumen

OUTRAS CASAS OUTROS HABITOS, é un retrato de 14 casas construídas en territorios da urbanización difusa por 25 arquitectos, presenta as plantas e cortes a escala e unha introducción de cada casa escrita polo seu autor, fotografías do interior e do exterior, situación, custe da obra, e listado das persoas que interviñeron no proceso de construcción.

As casas presentadas son propostas de habitación de novos espacios para usos e estructuras sociais diversas, na súa meirande parte novas unifamiliares illadas, pero tamén hai proxectos de reforma e rehabilitación, adosados, e lofts.

Este libro é tamén un documento temporal no que comprender novas formas de habitar o territorio, e unha guía para os que procuren unha vivenda adaptada aos seus recursos e necesidades. Pretende facer reflexionar ao lector sobre os aconteceres territoriais e as súas transformacións actuais, os novos modos habitar e os lugares onde esto acontece. Como habitan e como son as casas dos galegos, como poderían habitar mellor e que exemplos son excepción entre a multitude de edificacións que nos arrodean.

108 paxinas
245 x 220 mm. Galego
14 casas, e 70 fotografías en cor
Capa branda con solapas
DEPOSITO LEGAL C-3549/07
PDF 5 €

Indice

Introducción
Prólogo Itinerario

KM000 A Coruña. Casa para un autista
KM008 Oleiros. Casa para cuatro
KM009 Oleiros. Casa para dos arquitectos
KM011 Oleiros. Casa para madre e hija
KM014 Sada. Casa para diseñadora y publicista
KM023 Arteixo. Casa para vendedora e ingeniero
KM026 Betanzos. Casa para un enfermero
KM029 Betanzos. Casa para un carpintero
KM070 Trazo. Casa para diseñadora y montador de TV
KM073 Santiago. Casa para padres, abuelos y nietos
KM086 Vedra. Casa para dos maestras
KM090 Santiago. Casa para bióloga e ingeniero
KM119 Rianxo. Casa para familia con dos niñas
KM145 Corrubedo. Casa para una editora

Conclusión

INTRODUCCIÓN

A vivenda, a casa, é unha das arquitecturas coas que se constrúe o territorio, sen dubida a máis importante de todas, nembargantes so escoitamos falar dela en termos económicos, dise que hoxe a vivenda se mide pola cantidade de espacio do que dispoñemos para construír e non xa pola súa calidade, preguntámonos canto nos custa, como poderemos pagala, a veces parece que non nos désemos de conta que é un lugar no que vivimos, un dos lugares onde máis intimidade conseguimos, e sendo tan importante poucas veces nos preguntamos si habería formas mellores de habitar, si as nosas casas poden ser mellores, mesmo mellores e máis baratas, máis adaptadas ao noso xeito de vida, aos nosos intereses, si vivindo de outro xeito estaríamos máis cómodos, se isto inflúe na nosa saúde e no lugar no que estamos. Falase de casas futuras, domóticas, intelixentes, pero non de xente que busque de xeito intelixente un lugar para vivir mellor. ¿Poden as nosas casas ser mellores?...

¿onde vivimos?, como vivimos?, podemos vivir mellor?
¿onde facemos as nosas casas?, como as construímos?
¿canto ocupa a vosa casa?, canta enerxía consume?
¿sobra espacio na túa casa?, para que usas o espacio de sobra?
¿falta espacio na túa casa?, canto espacio necesitas para vivir?
¿canto tardas en chegar a casa?, canto tempo estás nela?
¿como che gustaría que fose a túa casa?, onde queres vivir?

Esta é a cidade da Coruña fai dous anos, aquí escomeza a viaxe que faremos neste catálogo. Nela atoparémonos con casas feitas á medida de persoas que viven nos lugares onde se está a construír o noso territorio. Non son vivendas luxosas, son casas determinadas pola limitación económica, nas que os cartos gástanse na súa riqueza espacial, no benestar que proporcionan aos seus habitantes, no control enerxético e dimensional, e na adaptación ao xeito de vida dos seus propietarios. Non son casas bonitas ou feas, son casas saldábeis e cómodas que os seus habitantes non atopaban no mercado inmobiliario da súa vila. A coherencia coa que foron pensadas non se estende ao territorio sen modelo do que fan parte. Os lugares que os seus habitantes puideron atopar para construír son unha suma de estructuras parcelarias alteradas, de viarios densificados, arrodeados de construccións esaxeradas e paisaxes en transformación, nos que non é posible prever o seu desenrolo futuro. Todos recoñecemos neles fragmentos de lugares coñecidos, anacos de cidade e aldea, de barrio ou polígono industrial, de xardín ou bosque, de rúa ou autovía. Todos estes fragmentos esténdense cada vez máis lonxe das cidades, conviven uns á beira dos outros sen que pareza importarnos, nin preguntarnos como esto está acontecendo aquí, porque, e con que motivo. E mentres isto acontece máis xente queda sen acceso a servicios básicos, máis aumentan as diferencias sociais e o custe medioambiental.

CONCLUSIÓN

A nosa casa pode encherse con tódalas nosas necesidades, nela almacenamos as nosas lembranzas e os enseres que nos serven para sentirnos mellor, coidámola, mellorámola e reparámola co paso do tempo, pode crecer con nós e adaptámola aos trocos que acontecen na nosa vida, ese espacio cara o interior é unha prolongación de nós mesmos e dos nosos hábitos, ordenámola e desordenámola, un mesmo volume sérvemos para acoller moitas e distintas actividades que nos relacionan con outros ou nos permiten gañar refuxio, ese orde vital que se transforma co noso modo de vida prolongase cara ao exterior, levámolo a tódolos territorios que visitamos e aos que habitamos diariamente, os nosos hábitos modifican o noso entorno, a nosa casa non ten dimensión, é tan grande como o territorio que abarcamos, as nosas casas poden ser mellores, máis adaptadas ao noso xeito de vida, pero solo si logramos ordenar o territorio que habitamos integrando a tódolos seus habitantes de xeito equitativo conseguiremos construír casas nas que vivir mellor.