Resumo
Nas obras de Barragán o muro maniféstase nunha primeira aproximación como elemento que separa dominios de diferente natureza: interior-exterior, ceo-terra... poñendo énfase na polaridade.
Que outros límites definen a súa obra?. Como se materializan?. Que fai que eses límites flutúen?. Cales son as variables que xeran a calidade arquitectónica dos lugares?.
Para explorar estas cuestións, neste libro a autora propón un enfoque fenomenolóxico mediante unha serie de ferramentas que amosan aspectos da Arquitectura vinculados ao límite. Un novo modo de achegarse á obra do arquitecto mexicano, e a través dela experimentar outras obras de arquitectura usando tódolos nosos sensos.
A publicación acompañase dos planos a escala da casa, e unha reportaxe fotográfica exclusiva.
-
104 paxinas
- 148 x 210 mm.
- Español – Inglés
- Fotografía: Pepa Díaz Calvo
- Limiar: José Manuel López-Peláez
- Epílogo: Luís Martínez Santa-María
- Capa branda con solapas
- ISBN 978-84-934604-2-6
- 17 €