Organizamos a web da editorial coma OBSERVATORIO sobre a realidade territorial e habitacional, para que nos permita intercambiar e amosar todo o que supoña un exemplo na mellora na calidade de vida das persoas, e fomente a reflexión sobor das transformacións do territorio, os novos modos habitar, os lugares nos que esto acontece, como habitamos e como poderíamos habitar mellor.
Este OBSERVATORIO é un espazo aberto ao público, un foro de debate, un lugar de encontro para a discusión entre diferentes disciplinas, para acercarnos en tempo real ás dinámicas que se están creando entorno ao acceso á vivenda e ao equilibrio do territorio, na arquitectura, e na cultura das cidades.
Este OBSERVATORIO forma parte das actividades xeradas por EDICIONS ESPONTANEAS e o despacho de arquitectura garcía-somoza arquitectos, dirixido por Toni García e Yolanda Somoza. Agrupa a información que producimos con imaxes e vídeos ordenados nos seguintes apartados: