.

enenenen

 

 

O Castrillón. Tramas, funcions e escalas

May 8th 2014
2 Comments
responder
trackback

No mundo no que vivimos a relación entre o aumento da urbanización e o crecemento das cidades, parece ir parello ao incremento da violencia no espazo público, a segregación social, e a mobilidade das persoas. As nosas cidades discuten se o seu modelo ha de ser compacto ou difuso, estimulado polas relacións veciñais nos barrios ou dependente do coche; concentrado ou extenso na superficie que ocupa e no seu gasto ambiental e enerxético. Agora máis que nunca a cidade é un espazo de relacións complexo, diverso, cultural e socialmente amplo, non tanto pola superficie que ocupa como pola posibilidade de intercambio entre persoas de costumes e formas sociais distintas.
Como parte desta discusión os nosos alumnos de 2º curso de arquitectura realizaron unha análise do barrio do Castrillón na Coruña, axudandose de entrevistas con veciños para detectar as transformacións e o uso que fan do espazo público. Os videos que aqui presentamos son de tres grupos diferentes que estudaron as tramas, as funcións e escalas do barrio. Agradecemos aos veciños a súa participación, e aos alumnos o seu interese en aprender da realidade para incorporala ao seu proceso proxectual.

GRUPO 3. TRAMAS. O seu video preséntanos entrevistas con veciños sobre a transformación actual do barrio, os novos veciños, novas dotacións, problemas, necesidades, e a súa valoración… Para representar despois a modificación do parceiro actual a través das novas construcións, tecidos urbanos, novas estruturas e a súa relación co ámbito, no seu pasado e no presente.


O Castrillón 03 from edicions espontaneas on Vimeo.

GRUPO 4. FUNCIÓNS. O seu video preséntanos entrevistas con veciños sobre o seu uso do espazo público recreativo e de relación (parques, xardíns, plazas)… Para representar despois mediante diagramas e planos analíticos o uso e percepción de espazo exterior, en zonas públicas e privadas, baleiras e ocupadas, zonas verdes, industriais, comerciais, residenciais, etc.


O Castrillón 04 from edicions espontaneas on Vimeo.

GRUPO 5. ESCALAS. O seu video preséntanos entrevistas con veciños sobre o uso que fan da rúa, a súa mobilidade, uso do transporte público e privado, destinos, frecuencias, gasto, tempo de transporte, necesidades, alternativas… Para representar despois os límites do barrio, limites xeográficos e urbanos, sociais e culturais, relacionándoos a escala do barrio e a cidade. Con diagramas e planos da modificación da escala do barrio e a rúa a través das novas construcións.


O Castrillón 05 from edicions espontaneas on Vimeo.


, , , , , , , , , , , , , , ,

2 Comentarios

  1. Escala

    Me parece interesante la percepcion llevada acabo del espacio realmente público en la ciudad, frente a lo privado, donde la interlocucion con sus usuarios y activistas es fundamental para entenderlo.
    Suscito a que se promueva mucho más este tipo de trabajos, siendo manifiesto claro de las condiciones en las que nos encontramos hoy en dia.

  2. VDRVM

    Una buena línea de trabajo en la que se potencia el ámbito local, en la búsqueda del ciudadano activo que incite a la apropiación de un barrio por sus usuarios para desarrollarlo adecuándose a sus necesidades.

Links

Envia un comentario:

O Castrillón. Tramas, funcions e escalas

EE funciona bajo Wordpress. Theme unstandard modificado y traducido por pgfernandez.es