.

enenenen

 

 

LABAÑOU. Entramados, memoria, densidades, redes e funcions

Apr 15th 2014
No Comments
responder
trackback

A paisaxe das cidades está a mudar tan á présa como os hábitos dos seus habitantes, asi como a cidade naceu e creceu pensándose para a vida en comunidade e a extensión das relacións humanas, cada tempo foi pechando os seus usos en construcións que resumiron e albergaron esas necesidades.

Se ao longo da historia se abandonaron, reutilizaron e crearon novos tipos de edificios, neste momento de crise o uso dos lugares públicos de relación social debe afondar aínda máis na súa multiplicidade, en rendibilizar o seu espazo, dia e noite, para dar cabida a calquera manifestación social, e a actividades comunitarias que melloren a calidade de vida nos barrios.

Como parte desta discusión para un proxecto de centro multiúsos, os nosos alumnos de 2º curso de arquitectura realizaron en 2009 unha análise do barrio de Labañou na Coruña na procura do lugar idoneo para a nova construcción, axudandose de entrevistas con veciños para detectar as transformacións e o uso que fan do espazo público e privado. Os videos que aqui presentamos son de cinco grupos diferentes que estudaron os entramados, memoria, densidades, redes, e funcións do barrio. Agradecemos aos veciños a súa participación, e aos alumnos o seu interese en aprender da realidade para incorporala ao seu proceso proyectual.

LABAÑOU Entramados from edicions espontaneas on Vimeo.

Grupo ENTRAMADOS. O seu video presentanos entrevistas con veciños sobre a transformación atual do barrio, novos veciños, novas dotacions, problemas, necesidades, valoración… Aproveitando algun dos debuxos, croquis, e fotografías do territorio e das suas formas utilizados para a representación e análise dos tecidos urbanos, con diagramas e planos da modificación do parcelario atual a traverso das novas construccions.

LABAÑOU Memoria from edicions espontaneas on Vimeo.

GRUPO MEMORIA. O seu video preséntanos entrevistas con veciños sobre a evolución histórica do barrio, como era, que facían hai 20, 30, 40, 50 anos…, que botan de menos, que mellorou… para representar despois tomando como base o viario existente, as tensións formais, funcionais, construtivas, comparando partes, formas e lugares, identificando materiais, espazos e momentos clave da transformación do barrio.

LABAÑOU Densidades from edicions espontaneas on Vimeo.

GRUPO Densidades. O seu video preséntanos entrevistas con veciños sobre o seu uso do espazo privado residencial, como viven, que espazos usan, cantos son, como se relacionan cos seus veciños… Para representar despois unha combinación de cálculos de densidades das vivendas tipo da área estudada, diferenciandoas por época, polo volume que ocupan, polo espazo que encerran, polo tipo de habitantes, polos seus materiais, ou a súa relación co ámbito…

LABAÑOU Redes from edicions espontaneas on Vimeo.

GRUPO Redes. O seu video preséntanos entrevistas con asociacións, veciños, xente da cultura, a educación, e locais de ocio, para contarnos como empregan o tempo libre os veciños do barrio, en que participan, como se agrupan e que actividades realizan… Para reepresentar despois as Redes de relacións sociais, de intercambio e comunicación… Diagramas e planos analíticos do uso e mobilidade de peóns nas zonas con dotacións, zonas públicas, e de comercio do barrio. Áreas de influencia, de relación, nodos, e puntos de encontro, horarios de peóns, camións, coches e buses…

LABAÑOU Funcions from edicions espontaneas on Vimeo.

GRUPO Funcións. O seu video amosanos entrevistas con veciños sobre o seu uso do espazo público recreativo e de relación (parques, xardíns, plazas)… para representar despois en diagramas e planos analíticos, o uso e percepción de espazo exterior, en zonas públicas e privadas, baleiras e ocupadas, zonas verdes, industriais, comerciais, residenciais, etc.


, , , , , , , , , , , , , ,

Sen comentarios

Envia un comentario:

LABAÑOU. Entramados, memoria, densidades, redes e funcions

EE funciona bajo Wordpress. Theme unstandard modificado y traducido por pgfernandez.es