O 9 de Febreiro 2012 presentamos o libro “Luis Barragán en su casa de Tacubaya. Naturalezas del límite” que abre unha liña sobre crítica en arquitectura que fai tempo tiñamos gañas de escomezar. E sempre complicado opinar de obras de outros autores, e máis tratar de aportar ferramentes que nos permitan achegarnos ao seu pensamento, e á súa forma de traballar. Esto consigueo a autora, a arquitecta Cruz López Viso, con este libro que supera a visión colorista coa que se ten disfrazado a obra do arquitecto mexicano Luis Barragán, para achegarnos ao espazo da súa arquitectura dende múltiples aspectos usando a percepción e a vivencia do lugar.
Temos que agradecerlle a Cruz a súa investigación e o seu texto, e a Pepa Díaz Calvo as fotografías que tan ben ilustran o espazo da casa e a súa prolongación cara o xardín interior.
PARTE 1. PRESENTACION. Porqué un novo libro sobre Barragán
PARTE 2. A EXPERIENCIA DA CASA
PARTE 3. A COR LUZ E A ESPACIALIDAD
PARTE 4. ARQUITECTURA COMO PARTE DA TERRA. CONEXIONS E INFLUENCIAS
Arquitectura, atmósfera, Barragan, casa, casas mexicanas, color, Cruz López Viso, edicións-espontáneas, espacio, libros Barragán, limite, Luís Barragan, luz, México, México DF, natureza do limite, Toni Garcia
Sen comentarios
Envia un comentario: