Na actualidade, Galicia (cun 70% do seu territorio clasificado como forestal) xoga un papel relevante na produción española de madeira e derivados. Non obstante, a relevancia deste sector a nivel de facturación e emprego é menor. Ademais, un 30% da superficie forestal galega encóntrase desaproveitada.
A propiedade do monte galego encóntrase concentrada en minifundios privados, con superficie media menor que noutros países con bosque. Isto dificulta en boa medida a concentración da propiedade ou da xestión, o que á súa vez condiciona o aproveitamento forestal. O nivel de retorno do negocio forestal para un pequeno propietario non incentiva a xestión activa e profesionalizar. Fomentar o asociacionismo así como a explotación de certas parcelas cara á produción non madeireira (castañas, mel, fungos,…) podería ser unha saída para o seu aproveitamento.
A industria de transformación necesita materia prima certificada e de calidade para ser competitiva e achegar valor engadido, pero sen unha silvicultura eficiente o monte quéimase e o seu potencial dilúese.
A industria forestal galega pode duplicar a súa contribución á economía de Galicia, pero para alcanzalo é clave que a silvicultura actual aposte por ser máis competitiva. Isto implica mellorar a produtividade das masas arboradas, afondar na creación de modelos de xestión agrupada e investir no monte.
A Asociación de Bolseiros da Fundación Barrié celebrou en novembro de 2010 a primeira edición deste debate, Diálogos 01, que estivo centrado na mellora da capacidade investigadora en Galicia. En maio de 2012 tivo lugar a segunda edición de Diálogos02 sobre a organización das áreas metropolitanas.
Diálogos 03, é un debate interdisciplinar no que expertos en ordenación territorial, xestión e industria forestal formularán solucións sobre como mellorar o forestal galego. O acto, gratuíto e aberto ao público ata completar aforamento, será presentado polo presidente da Asociación de Bolseiros, Fernando González Laxe e contará coa participación de The Boston Consulting Group, e de varios membros da Fundación Barrié, organizados nos seguintes temas de discusión:
Grupo 1. Ordenación territorial (coordinador: Toni García)
Expertos invitados
Ramón Reimundo e Daniel Villapol
Grupo 2. Xestión forestal (coordinador: Gustavo Amann)
Expertos invitados
Luís Díaz Balteiro e Xavier Bruña.
Grupo 3. Industria (coordinador: Emilio Santos)
Expertos invitados
Juan Picos e J. Rocha
O acto puido seguirse en directo na Fundación Barrié da Coruña, Sábado 27 de Abril 2013 de 9.30 a 15.00 horas, e a través da web e mediante twitter co hashtag #dialogos03
Dialogos, Dialogos03, Fundación Barrié, Galicia, industria forestal, ordenacion territorial, propiedade forestal, xestion forestal
Sen comentarios
Envia un comentario: