.

enenenen

 

 

“Compañeros de Oficio” Making-of

Mar 2nd 2013
No Comments
responder
trackback

Toni Garcia+Yolanda Somoza arquitectos. Making-off “Compañeros de Oficio” from edicions espontaneas on Vimeo.

Esta exposición itinerante pregunta ao visitante por que se hai xa moitos séculos o home soubo relacionarse co seu medio e o seu clima, usando os medios ao seu alcance, agora parece incapaz de definir a súa forma de habitar sen recorrer a un innecesario dispendio de recursos. Para iso formula unha reflexión sobre o papel da arquitectura anónima utilizada como referente na obra de arquitectos contemporáneos que tratan de recuperar as súas ensinanzas racionais, concibindo unha nova arquitectura axustada ás necesidades da nosa sociedade, optimizando os recursos e as posibilidades da tecnoloxía actual para lograr máis calidade de vida con menos custo e impacto.

Esta paisaxe común que se organiza entorno á arquitectura e o pensamento dos seus construtores devólvenos ao territorio dos sentidos, á experiencia dun espazo máis humano e próximo. O que pretendemos reflectir na súa montaxe expositiva, na idea de continuidade entre partes, ao tempo que no movemento entre celosías se logra intimidade entre cada unha delas. Espazos diversos organizados dende un modulo, o do contenedor para a itinerancia, o das celosías desmontables, o das caixas que conteñen ás maquetas, e paneis que poden despregarse en paredes ou conformar unha lanterna de luz.

As alternativas á reorganización do espazo parten da modularidade de todos os elementos, o que permite que os pés de madeira conformen paredes, pisos e teitos de distintas alturas, adaptados a distintos espazos. Organizando unha armazón de volumetrías diversas que acompañan as cores terra na escuridade das salas, para mostrarse entre espazos de transición facía a sombra, nos que se destaca o volume de luz das maquetas. Cuartos con historias propias, casas con habitantes luminosos que nos interrogan sobre un futuro mellor, máis relacionado co noso ámbito e os seus habitantes.

Co noso agradecemento a Pedro de Llano, comisario da exposición, por todo o que compartimos nestes dous anos de proxecto expositivo, que a partir de Abril 2013 comeza a itinerar para levar unha mensaxe de reflexión e ética no modo de enfrontarnos ao noso territorio e ás construcións dos seus habitantes. Deixámosvos coas palabras de Pedro o 7Noviembre 2012, día da inauguracon da exposición na Fundación Barrie da Coruña.

COMPAÑEROS DE OFICIO. Inauguración Pedro de Llano from edicions espontaneas on Vimeo.


, , , , , , , , ,

Sen comentarios

Envia un comentario:

“Compañeros de Oficio” Making-of

EE funciona bajo Wordpress. Theme unstandard modificado y traducido por pgfernandez.es