.

enenenen

 

 

EMBT Enric Miralles. Biblioteca Palafolls

Jan 7th 2013
No Comments
responder
trackback

Enric Miralles. Biblioteca en Palafolls from edicions espontaneas on Vimeo.

Fai un ano visitabamos esta Biblioteca de Miralles en Palafolls, entón so puidemos percorrela exteriormente como se ve no vídeo, e agora que estamos de paso por Barcelona achegámonos novamente para estar no seu interior. Si na primeira visita quedamos sorprendidos de cómo a extensión dos muros e a depresión do solo permitía crear ámbitos diversos entre arbores e voladizos das cubertas. Ao sentarse e camiñar o seu interior estes fanse máis amábeis, atopámonos coa sorpresa dun espazo que dende fora semella fragmentado e ao interior amosase unitario e diverso, acompañado pola colocación perimetral das estanterías e marabillosamente iluminado polas aperturas entre os distintos planos das cubertas. Temos que voltar outro día para debuxalo e sentarnos con máis calma a ver pasar a luz do dia, ao igual que facía en Berlín na biblioteca de Scharoun, tan ben contada por Wim Wenders, ver http://www.youtube.com/watch?v=Wi8sYY0pCdE… Se ese espazo berlinés representaba para o meu imaxinario a atmosfera dunha biblioteca, agora este edificio de Miralles engádese a el amosándome como un lugar pode facerse máis cotiá.

Máis información sobre esta biblioteca de Miralles no artigo de Ignasi Bonet Peitx http://www.ub.edu/bid/25/bonet2.htm, na entrevista a Bernardetta Tagliabue http://www.youtube.com/watch?v=I70MDBhVUiw, e na web do seu estudio http://www.mirallestagliabue.com/project.asp?id=60

Máis información sobre bibliotecas en http://www.bauenblog.info/es/

Enric Miralles. Biblioteca en Palafolls. INTERIOR from edicions espontaneas on Vimeo.

Nos próximos meses os alumnos de 4º curso estarán a pensar nunha biblioteca en dous ámbitos diversos, aí que recupere estas visitas a Palafolls para introducir o concepto e preguntarnos sobre o que pode ser hoxe unha biblioteca, máxime cando esta se constrúe nun ámbito metropolitano. I é que ao tempo que a cidade estendeu a súa área de influencia a territorios cada vez máis amplos e podemos acceder a un maior intercambio de información, en moitos lugares a cultura urbana e os seus espazos de relación fóronse pechando en lugares cada vez máis privados. De tal forma que para explicar o espazo de vida colectivo a un nivel local, necesitamos comprender os distintos espazos de relación alimentados pola mobilidade de residencia e traballo a escala da súa rexión urbana. Por iso dende comezo de curso estamos a propoñer unha reflexión sobre como ha de ser construída a cidade actual para que manteña ao mesmo nivel o seu poder de xerar riqueza espiritual, cultural e económica para cada un dos seus habitantes. E agora, con este proxecto, propoñémosvos investigar e imaxinar como han de ser os edificios e espazos públicos que o permitan.


A biblioteca é un dos edificios comunitarios que máis cambios recibirá nos próximos anos. A súa imaxe como lugar silencioso e rodeado de libros pode que desapareza nuns anos. Aínda cando sigan existindo as publicacións en papel, o uso cada vez máis estendido dos contidos dixitais deixará moitos espazos baleiros que poderán utilizarse para outros usos complementarios, relacionados co intercambio de contidos, a educación e a creación. Xa existen bibliotecas públicas e comunitarias onde se prestan tamén xogos para nenos, instrumentos e mesmo ferramentas e utensilios de cociña (Oakland Public Library). Pero ademais, a cultura dixital propón outro concepto de biblioteca, que non funciona unicamente como repositorio de contidos, senón como lugar para inspirar a creatividade mediante talleres e proxectos (Chicago YOUMedia). Espazos multimedia que traspasan as fronteiras de biblioteca, un terceiro espazo máis alá do fogar ou o traballo para o encontro e a creación, pensado non só para consultar recursos senón tamén para crear contidos novos.

Con este edificio xestionado pola iniciativa veciñal, ademais de facer cidade nos interrogaremos sobre como organizar unha forma complexa na relación entre espazos de pequenas e grandes dimensións. Esta será a primeira experiencia dos meus alumnos á hora de deseñar un edificio de servizos colectivos, edificio no que a complexidade se mide non tanto polas súas dimensións como pola diversidade de áreas funcionais que alberga.


, , , , , ,

Sen comentarios

Envia un comentario:

EMBT Enric Miralles. Biblioteca Palafolls

EE funciona bajo Wordpress. Theme unstandard modificado y traducido por pgfernandez.es