.

enenenen

 

 

Toni García+Yolanda Somoza arquitectos

Dec 10th 2011
One Comment
responder
trackback

Toni García + Yolanda Somoza arquitectos. Pecha kucha Ferrol Vol. V from edicions espontaneas on Vimeo.

O 28 de Outubro participamos no quinto Pecha Kucha Night celebrado en Ferrol. Neste video poderás ver a presentación, con parte dos últimos proxectos de arquitectura e urbanismo do noso estudio de arquitectura. Nela propuxemos unha reflexión sobre a transformación das cidades e do territorio sobre o que se estenden ilimitadamente. Usando unha secuencia de proxectos dende a rexeneración urbana á rehabilitación medioambiental, podese apreciar como rexenerando, reutilizando, reequilibrando, aproveitando os recursos que temos, e contendo o crecemento, podemos prantexar outro modelo de desenrolo distinto e máis sostenible.

Pecha Kucha Night é un encontro presente en máis de 200 cidades de todo o mundo, creado en Tokio coa idea de amosar o traballo dos novos creativos, e que de xeito informal permite intercambiar ideas sobre arquitectura, deseño, fotografía, ilustración, cine, danza ou calquera tipo de investigación artística ou científica.

Damoslle as grazas a Santi por ternos invitado, pola dedicación que il e os seus colaboradors poñen na organización, e polo compromiso para realizar eventos coma este, que axudan a crear opinión e intercambiar información.

O video con todalas intervencions do Pecha Kucha Ferrol, vol.5 podes velo na web de Santi González www.stgo.es.


, , , , , , , , , ,

1 Comentario

  1. DenísGP

    Ola!
    Boa intervención, non puden ir a esta ultima edicion de Pecha Kucha, a ver se a proxima. Comparto o da rexeneración das pezas e das cidades, volver a darlle vida con poucosa cambios. Gustoume o da casa mínima, todo nun so moble. Ademáis fixome gracia porque esa rúa a volveu a reurbanizar o estudio onde estou agora.
    Un saudo!

Links

Envia un comentario:

Toni García+Yolanda Somoza arquitectos

EE funciona bajo Wordpress. Theme unstandard modificado y traducido por pgfernandez.es