http://01dialogos.blogspot.com/
Qué é investigar? Qué é un investigador? En qué nos afecta a investigación? from edicions espontaneas on Vimeo.
“Hoxe a civilización aparece cada vez máis involucrada nunha infinita concatenación de medios e fins no interior da cal, a finalidade converteuse no contido do motivo, e a utilidade elevada a significado xenera a falla de significado”.
“The Human Condition”, Hannah Arendt.
Estas palabras que Arendt escribe no 1958 serven hoxe para ilustrar unha das teimas da nosa sociedade, a valoración dos resultados por riba dos motivos e as necesidades que os fan útiles. Atopámonos cada día coa obriga de conseguir un obxectivo, moitas veces sen valorar o esforzo necesario para obtelo, ou sen reflexionar sobre a ganancia que obtemos tentando realizar ese cometido. Esta desmesura sen paciencia deixa pouco espazo á crítica, á reflexión sobre o significado dos nosos actos, e á valoración dos erros que cometemos.
Faise necesario procurar espazos de debate e reflexión no medio da velocidade coa que acontecen as decisións que transforman os nosos xeitos de vida. Converter nun hábito a reflexión sobre calquera decisión é unha boa costume, obrigarnos a cuestionar as decisións, comparalas con outras, aportar alternativas e novos puntos de vista, é a mellor forma de melloralas e ser construtivos.
Con esta intención o colectivo de bolseiros da Fundación Barrié decidimos abrir un espazo de debate ao que chamamos “Diálogos”, que procura ofrecer un punto de encontro para a reflexión sobre temas de interese social, co obxectivo de crear opinión e transmitir parte da experiencia adquirida na nosa formación no estranxeiro, propiciando o intercambio de ideas, e a reunión de persoas de distintas disciplinas cos axentes que están a tomar decisións sobre cuestións que afectan á nosa sociedade.
“Diálogos 01” celebrouse o pasado 27 de Novembro 2010 na sede da Fundación Barrié na Coruña, a mellora da capacidade investigadora en Galicia foi o tema escollido para este primeiro debate pola súa importancia para o noso futuro desenrolo, pola precaria situación dos investigadores e a falla de coñecemento que a nosa sociedade ten sobre o valor da investigación. Podedes ver os vídeos do debate na web http://vimeo.com/17862404
DIALOGOS01. Presentación from asociacionTV on Vimeo.
Os vídeos a seguir son da presentación do 27 de Setembro 2011, do número 190 da Revista GRIAL adicado a DIALOGOS01, coas conclusións do debate e do traballo previo dos cinco grupos que trataron áreas relacionadas coa investigación científica, a innovación e o emprendimento en Galicia.
Revista GRIAL. Presentación 3 Toni García from asociacionTV on Vimeo.
Revista GRIAL. Presentacion 1 AnaJ Varela from asociacionTV on Vimeo.
Revista GRIAL. Presentación 2 Victor Freixanes from asociacionTV on Vimeo.
Revista GRIAL. Presentación 4 Begoña Graña from asociacionTV on Vimeo.
Revista GRIAL. Presentación 5 COLOQUIO from asociacionTV on Vimeo.
Becarios Barrié, Begoña Graña, DIALOGOS01, Editorial Galaxia, emprendimiento, Fundación Barrié, Galicia, GRIAL, innovación, investigación, investigación científica, investigador, investigar, investigar en Galicia, revista GRIAL, Toni Garcia, transferencia, Victor Freixanes
Sen comentarios
Envia un comentario: