Conferencia do arquitecto e profesor Xosé Allegue, que o pasado 15 de Marzal falounos da complexa rede que actualmente conecta a corrupción co urbanismo.
Dende o punto de vista dos feitos urbanos, a construcción de cidades e territorios máis libres e habitables distingue ás sociedades que identificamos como avanzadas nos momentos históricos onde a conciencia cívica e o compromiso social se incorporaron nelas como impulsores da súa mellora social. Cando a sociedade é participe da transformación do lugar no que se desenrola é posíbel acadar un espazo de convivencia, se a construción da cidade e do territorio se deixa en mans duns poucos, e si estes usana para beneficio propio, o resultado é a desaparición da conciencia cívica e a destrución do tecido social, o que acaba por reflectirse no desorde territorial e na segregación urbana.
Falar hoxe da corrupción que arrodea aos procesos de construción do territorio é falar do fin do urbanismo, porque as regras que o lexitiman deixan de basearse na integración territorial e na mellora da habitabilidade. Por iso, reflexións coma esta de Xosé Allegue son importantes para achegarnos ás causas dos trocos que estamos a vivir, e escomezar a pensar en propostas de rexeneración democrática que devolvan as cidades aos cidadáns.
CONFERENCIA. PARTE 1
Presentación, Diagnóstico da situación e causas da corrupción.
CORRUPCION e URBANISMO. Conferencia-parte1 from edicions espontaneas on Vimeo.
CONFERENCIA. PARTE 2
Mecanismos de produción da corrupción, consecuencias e efectos. Estado da cuestión: breve casuística doméstica (a transformación urbana da Coruña).
CORRUPCION e URBANISMO. Conferencia-Parte2 from edicions espontaneas on Vimeo.
CONFERENCIA. PARTE 3
Propostas e conclusións para a mellora: urbanismo social e rexeneración democrática.
CORRUPCION e URBANISMO. Conferencia-Parte3 from edicions espontaneas on Vimeo.
A Coruña, Cidade, corrupción, planificación territorial, planificación urbana, rexeneracion democratica, Territorio, urbanismo, urbanismo social
Sen comentarios
Envia un comentario: