.

enenenen

 

 

PLOT Bjarke Ingels. Vivendas VM e Montaña

Aug 3rd 2010
No Comments
responder
trackback

Historicamente o campo da arquitectura foi dominado por dous extremos opostos. Por un lado o avant-garde cheo de ideas tolas, orixinado dende a filosofía, o misticismo, a fascinación polo potencial da forma ou a súa visualización dixital. Eles actúan tan independentemente da realidade que non logran converterse en algo máis que curiosidades excéntricas. Por outro lado está o tradicional, corporacións moi ben organizadas que constrúen predicibles e aburridas caixas de edificios funcionais. Neste campo a arquitectura parece estar atrapada entre dous lados infértiles: xa sexa inxenuamente utópica ou increiblemente pragmática. Nós cremos que hai un terceiro camiño enterrado entre estes, ou un dificilmente visible sobre a delgada pero bastante fértil superposición de ambos os dous. Unha arquitectura utópica e pragmática á vez; unha que se ocupe da creación perfecta do social, económico e ambiental como un obxectivo práctico”.

Asi explica Bjarke Ingels, BIG (antes PLOT), o que entende como arquitectura, esa mezcla de experimentación formal, marketing e venda dun producto fai que actualmente sexa o arquitecto danés máis mediático, e teña a atención de calquer propaganda que exalte o visual na arquitectura fronte a outras cualidades. Nós tiñamos curiosidade por experimentar como sería habitar nalgunha das suás arquitecturas, e da visita ás vivendas que proxectou xunto con Julien de Smedt son os videos que apresentamos. Uns lugares sorprendentes pola combinación de elementos e usos, tan caros e excesivos na súa aparente construcción prefabricada, coma mínimos e inquietantes nos seus espazos interiores.

Antes de ver os vídeos da nosa visita a Copenhague en Abril 2010 podedes ver a charla de Bjarke na que  explica como entende o seu traballo en arquitectura. (Para ter máis información sobre a nova arquitectura danesa visita en esta web “COPENHAGUE. Arquitectura en Orestad”).

VIVENDAS MONTAÑA

(para ver planos e información adicional preme aqui)

COPENHAGUE. Plot – Vivendas Montaña from edicions espontaneas on Vimeo.

VIVENDAS VM

(para ver planos e información adicional preme aqui)

COPENHAGUE. Plot – Vivendas VM from edicions espontaneas on Vimeo.

ENTREVISTA

Entrevista Bjarke Ingels (1) from [LIMA]Notas on Vimeo.

Entrevista Bjarke Ingels (2) from [LIMA]Notas on Vimeo.


, , , , , , , ,

Sen comentarios

Envia un comentario:

PLOT Bjarke Ingels. Vivendas VM e Montaña

EE funciona bajo Wordpress. Theme unstandard modificado y traducido por pgfernandez.es