.

enenenen

 

 

ANTICORPOS. Making-of da montaxe expositiva

Jul 19th 2010
No Comments
responder
trackback

Presentamos aqui un video da montaxe que realizamos do deseño expositivo da obra dos Irmáns Campana nas sedes da Fundación Barrié de Vigo e A Coruña. E que se puido visitar dende o 1 de Xullo ao 26 de Setembro 2010.

ANTICORPOS. Making-off da montaxe expositiva from edicions espontaneas on Vimeo.

Dende a nosa visita ao Museo de Deseño de Vitra en Febreiro 2010 estivemos traballando nun concepto expositivo baseado no collaxe como técnica empregada polos Campana para reunir materiais diversos saídos de contextos naturais e urbanos. As súas pezas visuais e formais usámolas para reunir fragmentos espaciais, atmosferas nas que a cor, o volume de aire e as texturas fixeran participe ao visitante de diversas experiencias, transitos entre o artificial e o natural. Entre as selvas urbanas e a reciclaxe dos seus refugallos, e as selvas naturais como lugar de descubrimento e obtención de recursos.

Nun mundo onde se avoga pola tecnoloxía e o consumo, os obxectos e deseños destes irmáns brasileiros baséanse en procesos de traballo artesanais, apostando pola tradición, a identidade e os medios e recursos locais. O resultado non importa se é útil ou belo, as súas pezas recicladas son moi caras pero as súas ensinanzas moi accesibles, o seu interese para nós non reside na calidade do seu deseño, senón en exemplificar como o traballo manual, a reunión de fragmentos de refugallos poden ofrecernos multiples usos cotiáns, recuperando algo que se perdeu debido á extensión do consumo de calquera obxecto ou desexo.


, , , , , , ,

Sen comentarios

Envia un comentario:

ANTICORPOS. Making-of da montaxe expositiva

EE funciona bajo Wordpress. Theme unstandard modificado y traducido por pgfernandez.es