Ao igual que noutras cidades atlánticas europeas, Copenhague está a re-colonizar os solares baldeiros resultado da súa primeira industrialización, espacios no seu día periféricos que manteñen hoxe unha posición central na cidade. Ademais dos novos distritos nas zonas portuarias de Nordhavnen, Amerika Plaads, Holmen, e Margretheholm no norte; e Havenestaden, Bryggen Syd, Teglholmen, e Sluseholmen no Sur; atópanse os vellos terreos fabriles de Porcelaenshaven en Frederiksberg, F.L.Smidth en Valby ao oeste, ou os de Holmbladsgade no este. Un conxunto de proxectos urbanos que tentan a sutura de partes da cidade antes fragmentadas, e nas que destaca un interesante numero de novos espacios públicos, e unha sorpresiva suma de arquitecturas nas que a vivenda colectiva se mestura con usos mixtos. No medio dun planeamento que admite a continuidade urbana a traverso da mazá, con edificios que o alteran na diversidade das súas formas e dimensións, coexisten interesantes propostas tipolóxicas con espacios interiores diversos. A paisaxe resultante é de desorde, a suma de formas fragmenta a visión do espacio e a sorpresa inicial ven precedida dun mosaico de arquitecturas que por diversas non chegan a compactarse.
masterplanning animation from Vandkunsten on Vimeo.
Entre todos os novos distritos destacamos o de Ørestad, por ser un barrio de nova planificación que se vende como unha futura comunidade urbana adaptada a novos patróns de traballo. Nela viviran 20.000 persoas e traballaran 80.000 entre usos mixtos, educativos, comercio, e industria. Esta nova cidade en construcción divídese en catro distritos resultado dun concurso gañado en 1994 polos fineses APRT e os daneses KHR Arkitekter.
Ørestad Norte é o distrito máis construído, desenrolado a partires de 1997 por KHR Arkitekter organizase arredor do campus universitario. Nel destacamos dúas residencias de estudiantes, as que aqui presentamos da nosa visita de fins de Abril, a Bikuben Kollegiet dos arquitectos aart e a Tietgenkollegiet de Lundgaart&Tranberg. Dous edificios organizados arredor dun patio, nos que destaca a maclaxe de espacios de relación entre os cuartos e a dispersión dos espacios servidores, o que posibilita a variación formal e funcional dos edificios, e a extensións dos seus usos cara o interior.
COPENHAGUE. aart – Residecia Bikuben from edicions espontaneas on Vimeo.
COPENHAGUE. Lundgaart&Tranberg – Tietgencollegiet from edicions espontaneas on Vimeo.
Ørestad City é o distrito central, o estudio de Daniel Libeskin deseñouno arredor dunha praza con edificios de 20 pisos con fachadas curvas ao norte e sur da praza, e unha suma de espacios urbanos distintos arredor dela. Este organización na vez de remarcar o espacio propicia unha fractura formal que fragmenta a escala e impide o repouso. Nun extremo da intervención, entre as duas paradas do metro elevado de Ørestad City atópanse as vivendas VM e a residencia Montaña de Bjarke Ingels e Julien De Smedt (o estudio PLOT aos que adicaremos unha reportaxe máis adiante), pero o edificio máis interesante é o Instituto de secundaria de Ørestad dos arquitectos 3XN. Sorprende o modelo educativo que propicia este estupendo lugar, a liberdade dos alumnos sentados en espacio abertos, e o traballo en grupo sen apenas aulas como se advirte neste vídeo da nosa visita.
COPENHAGUE. 3xn – Instituto en Orestad from edicions espontaneas on Vimeo.
Os distritos de Amager Fælled e Ørestad Sur apenas están desenrolados. A parte Norte de Ørestad Sur reservase para grandes centros comerciais, e a sur para vivendas, aqui, no medio do ermo atópanse en construcción dúas vivendas, unha delas o edificio 8 de Bjarke Ingels. Un edificio tan ecléctico como o seu arquitecto, resumo das propostas de fin de século XX, máis preocupadas na venda de excesos formais que na mellora da calidade de vida dos seus usuarios. Nos seguintes vídeos podemos ver o estado actual da construcción do edificio, e o interesante xeito de presentación do proxecto.
8H – The 8-House from BIG on Vimeo.
CONPENHAGUE. BIG – 8 House from edicions espontaneas on Vimeo.
3XN, 8 House, aart, Amager Fælled, APRT, Arquitectura, Barrio, BIG, Bikuben Kollegiet, Bjarke Ingels, Copenhague, Daniel Libeskind, Dinamarca, educación, instituto, Julien De Smedt, KHR Arkitekter, Lundgaart&Tranberg, Mountain Houses, PLOT, re-colonizacion urbana, Tietgenkollegiet, urbanismo, vivenda colectiva, VM Housing, Ørestad, Ørestad City
Sen comentarios
Envia un comentario: