.

enenenen

 

 

RCR. Visitando a Biblioteca de Barcelona

Apr 25th 2010
No Comments
responder
trackback

A escomezos de Abril estivemos en Barcelona visitando o proxecto de remodelación dunha mazá do Ensanche de RCR Arquitectos (Rafael Aranda, Carme Pigem e Ramon Vilalta), que converteron unha antiga fábrica de caramelos nunha biblioteca, unha residencia de anciáns e un xardín interior.
Biblioteca Sant AntoniJoan Oliver atopase xunto ao Mercado de Sant Antoni, situada no interior da mazá delimitada pola rúa de Manso, a rolda de Sant Pau e as rúas do Parlament e Borrell, e leva o nome do escritor sabadellenco que viviu no barrio, Joan Oliver.

No seguinte video podes ver o noso percorrido polo edificio, un volume que se configura como porta que abre o interior de mazá, dividiendose en dúas pezas que se pegan ás medianeiras e outras dúas pezas que cruzan o baleiro resultante a xeito de pontes. Interiormente as plataformas dos forxados, a través das dobres alturas e os vacios entre elas, ofrecen visións cruzadas entre as plantas e sobre a rúa e o interior de mazá. Se ademas queres ver planos e croquis pulsa AQUI.

RCR I. Biblioteca S. Antoni from edicions espontaneas on Vimeo.

Recuperando o patio interior da mazá para uso público, un percibe a riqueza da proposta do ensanche de Cerdá. Poucas mazás foron abertas tal e como il propoñia, pero aquelas que se poden visitar, sen ter a continuidade que permitiría percorrer a cidade dunha a outra e de forma peonil, son espazos verdes de silencio e xogo como este deseñado por RCR.
Se a biblioteca se desenvolve en altura e pecha a cornixa da fronte de mazá, o centro de maiores esténdese por un lateral do espazo interior, como un valo que permite xerar espazos cubertos, de sombra e asento, previos á entrada ao centro de maiores. Un espazo separado do muro medianeiro por patios, que permiten dar luz e máis repouso aos espazos que se desenvolven no seu interior e nos sotos.

RCR. Centro de Maiores S. Antoni from edicions espontaneas on Vimeo.


, , , , , , ,

Sen comentarios

Envia un comentario:

RCR. Visitando a Biblioteca de Barcelona

EE funciona bajo Wordpress. Theme unstandard modificado y traducido por pgfernandez.es