Entrevista co arquitecto de Madrid Néstor Montenegro en Marzal 2010, que xunto a Lina Toro e Ignacio Borrego formaban o estudio Dosmasunoarquitectos. Nesta conversa falamos sobre o significado de habitar, sobre da ensinanza da arquitectura, a relación arquitectura e sociedade, a vivenda publica, o aceso á vivenda, o prezo do solo, o fomento de procesos de cambio nas relacións con políticos e promotores privados, o papel do arquitecto na toma de decisións sobre a cidade e o territorio, a participación cidadá, os procesos de creación e construcción na vivenda pública, a flexibilidade e a mobilidade residencial, o seu consello para os que estudian arquitectura e unha reflexión sobre o futuro da profesión…
OPINA 6. Dosmasunoarquitectos from edicions espontaneas on Vimeo.
CONFERENCIA
Agradecemos a Néstor Montenegro o interese co que compartiu os proxectos do seu estudio nesta conferencia impartida na Coruña o 5 de Marzal do 2010, antes da anterior entrevista e da sesión crítica cos nosos alumnos no taller de proxectos de 2º curso. Na conferencia falounos das vivendas en Carabanchel, Vallecas e Colmenar Viejo, así coma dos concursos EUROPAN en Cartes e Ama.
CONFERENCIA. Dosmasunoarquitectos from edicions espontaneas on Vimeo.
EN BREVE publicaremos aquí o coloquio que segue á conferencia de Néstor, no que se falou, entre outros temas, do xeito de traballo no seu estudio, do uso do debuxo durante a concepción do proxecto, da prefabricación, do futuro da vivenda colectiva, ou da transformación do territorio na periferia de Madrid…
Arquitectura, Dosmasunoarquitectos, espacios domésticos, flexibilidade, habitabilidade, habitar, participación ciudada, vivenda, vivenda digna, vivenda social
Sen comentarios
Envia un comentario: