Con este título a Arquería de Nuevos Ministerios acolle do 12 de xaneiro deica o 28 de febreiro unha exposición que tenta acercarnos á transformación que a vivenda protexida ten sufrido dende escomezos do pasado século.
O prantexamento expositivo é moi visual pero falto de rigor e profundidade, non ofrece datos suficientes sobre a evolución da vivenda social, ou sobre como teñen sido os trocos noutras partes de España. Hai moitas lagoas históricas, actuacións coma as dos grandes polígonos dos anos 60-70 apenas son tratadas, ao igual que as transformacións que se deron ao longo da democracia… quen non coñeza a difícil historia da vivenda social non terá moita información para apreciar a súa aportación a un problema aínda sen solución, o de dar aceso á vivenda digna para todos.
Faise necesario acercar estas experiencias e valoralas, o positivo desta exposición é que nos sirve para reflexionar sobre cómo o problema da vivenda social va asociado a trocos no noso xeito de entender a cidade. A evolución do concepto, dos tipos usados para a súa construcción, a localización e os problemas urbanísticos, son algúns dos temas que podemos observar nos seguintes vídeos que son parte da exposición.
DA UNIFAMILIAR AO BLOQUE
VIVENDA PROTEXIDA. Da Unifamiliar ao Bloque from edicions espontaneas on Vimeo.
O ACCESO A VIVENDA
VIVENDA PROTEXIDA. O acceso á vivenda from edicions espontaneas on Vimeo.
LOCALIZACIÓN
VIVENDA PROTEXIDA. Localizacion from edicions espontaneas on Vimeo.
OS PROBLEMAS URBANISTICOS
VIVENDA PROTEXIDA. Problemas urbanísticos from edicions espontaneas on Vimeo.
A EVOLUCIÓN DO CONCEPTO
VIVENDA PROTEXIDA. Evolucion do concepto from edicions espontaneas on Vimeo.
Arquitectura, habitabilidade, habitar, vivenda, vivenda digna, vivenda colectiva, vivenda protexida, vivenda social






Sen comentarios
Envia un comentario: