.

enen

 

 

Jørn Utzon. Visita ás casas de Mallorca

Dec 29th 2009
No Comments
responder
trackback

Fai unhas semanas visitamos duas das tres casas que Jørn Utzon construiu para el e a súa familia en Mallorca. En Porto Petro, situadas entre piñeiros e fronte aos cantis, atopanse a súa casa de veran “Can Lis”, e a construída para a súa filla “Lin”. Coñeciamos a súa casa por planos e fotografías, cos seus volumes sobre terrazas, dispersos entre patios seguindo o percorrido do sol, tiña lido sobre a modulación e as proporcions xeradas polo uso do sillar de arenisca tradicional de Mallorca, pero ate esta visita nona entendera; a arquitectura so se explica co seu uso, e a experiencia de percorrerla, sentandonos nos seus bancos, escoitando o vento e o mar entre os mirtos, acariñando a textura da arenisca, vendo xogar as sombras e a luz entre os patios, non se pode describir. Os videos que aqui amosamos posuen o silencio e a tranquilidade dese estupendo lugar, non recrean toda a nosa experiencia pero espero que sirvan para achegala un pouco, e dar a comprender as moitas cualidades do espacio arquitectónico cando este está pensado para mellorala calidade de vida dos seús habitantes.

Jorn Utzon. Can Lis, Porto Petro from edicions espontaneas on Vimeo.

Jorn Utzon. Can Lin, Porto Petro from edicions espontaneas on Vimeo.

Despois de ter que avandonar a construcción da Ópera de Sydney en 1966, Jørn Utzon fixo escala en Mallorca. Buscando un refuxio para as suas vacacions, en 1972 Utzon construe Can Lis. Il comenta que o lugar elexido facía referencia ao seu escrito “Plataformas e Mesetas”, consecuencia da viaxe que fixo en 1949 ás pirámides mayas de México. A casa estaría á beira dun cantil, entre mirtos e piñeiros, cunha vista extraordinaria do mar.
O material principal da construcción foi unha arenisca local, a pedra de marés, que varía de cor do dourado ao rosáceo. O conceito orixinal da vivenda é o mesmo que o da casa que Utzon pensaba construirse en Sydney; unha secuencia de pavillons enlazados por unha valado, dispostos dando resposta ás distintas funcions da vivenda ao longo do día. Il explicanola coa historia que a novelista danesa Karen Blixen escribe sobre os granxeiros africanos en Memorias de África: “Eralles imposible construir as suas casas ordenadas en línea recta porque elas seguían un orden que estaba baseado na posición do Sol, na das arbres e nas relacions entre as edificacions”. As orientacions dos pavillons de Can Lis seleccionan vistas ao Mediterráneo, aí que o mobiliario sexa fixo, feito de obra e acabado con azulexos. Dende o sofá semicircular no cuarto de estar de Can Lis siguese o percorrido do Sol ate a noitiña, na que se acaba ollando ao lume da cheminea. Ao ter as carpinterías das fiestras montadas na cara exterior dos muros, éstas non son visibeis dende o interior, co que se potencia o efecto da luz que difumina os límites entre o interior en penumbra e o sol. A vida da familia segue un roteiro ao longo do día que parece perseguir o trazado do Sol.

En 1994, Utzon deixa esta casa, que se convertira nun lugar de peregrinación para arquitectos, e fixose outra alonxada do balbordo dos visitantes, Can Feliz, tamén en Mallorca.


, , , , ,

Sen comentarios

Envia un comentario:

Jørn Utzon. Visita ás casas de Mallorca

EE funciona bajo Wordpress. Theme unstandard modificado y traducido por pgfernandez.es