.

enenen

 

 

México DF. A arquitectura verde do Campus da UNAM

Nov 28th 2009
No Comments
responder
trackback

En 1997 tiven a sorte de impartir clases na unidade de postgrado de Urbanismo da UNAM-Universidad Autónoma de México, dese tempo gardo moitas experiencias gratificantes, entre delas a de convivir coa transformación dunha cidade de 25 millóns de habitantes, nunha Universidade de 300.000 estudiantes, e un Campus cun espacio público que na distancia percorro cos meus alumnos tódolos anos, para observar a relación entre a xeometría arquitectónica e a naturalización do espacio humano, entre a escala humana e a variedade de estancias, prazas e xardíns, que permiten a relación entre persoas, convertendo o oír, ver, camiñar, estar de pé ou sentarse nunha experiencia que mellora a convivencia dos seus usuarios.

O vídeo e as fotografías que acompañan a este texto están feitas na visita que fixemos en 2008, reproducen un paseo arredor da área central do Campus, dende a entrada norte que leva á parada de metro Copilco, coa biblioteca central, o rectorado e as facultades de humanidades e arquitectura no seu perímetro. Nela veremos como o concepto “moderno” de supermaza permite a circulación peonil conseguindo a continuidade dos espacios exteriores elevando os edificios sobre pórticos abertos en planta baixa, delimitando estancias que a topografía e o arborado rematan por configurar, coa circulación viaria en aneis perimetrais tamén axardinados, dende os que se accede aos aparcamentos e aos edificios.

UNAM Campus. Mexico DF from edicions espontaneas on Vimeo.

Para coñecer un pouco da historia da concepción e desenrolo deste proxecto urbano de 1947, realizado polos arquitectos Mario Pani, Henrique del Moral e Mauricio Campos, preme AQUI


, , , , , , ,

Sen comentarios

Envia un comentario:

México DF. A arquitectura verde do Campus da UNAM

EE funciona bajo Wordpress. Theme unstandard modificado y traducido por pgfernandez.es