O 6 de Novembro participamos na Coruña no primeiro Pecha Kucha Night celebrado na Coruña. Un encontro presente en máis de 200 cidades de todo o mundo, creado en Tokio coa idea de amosar o traballo dos novos creativos, e que de xeito informal permite intercambiar ideas sobre arquitectura, deseño, fotografía, ilustración, cine, danza ou calquera tipo de investigación artística ou científica.
Damoslles as grazas a María Olmo e Borja López por ternos invitado, pola dedicación que puxeron na organización, e polo compromiso adquirido para realizar outros eventos coma este, que axudan a crear opinión e intercambiar información sen pedir nada a cambio.
Neste video poderás ver a nosa presentación, con parte dos últimos proxectos de arquitectura e urbanismo do noso estudio de arquitectura. Nela Propuxemos unha reflexión sobre a transformación dos nosos hábitos e das nosas formas de habitar, usando unha secuencia de proxectos dende o mínimo habitable ao máximo colectivo, coa que tentamos amosar como diferentes xeitos de participación dos futuros usuarios dun proxecto de arquitectura enriquece e xenera novos espacios de relación e convivencia.
Toni Garcia + Yolanda Somoza. arquitectos from edicions espontaneas on Vimeo.
O video con todalas intervencions do Pecha Kucha Coruña, vol.1 podes velo na web de Santi González www.stgo.es, ao que lle agradecemos ter grabado o evento, ou premendo AQUI.
Arquitectura, compromiso social, edicións-espontáneas, garcia-somoza arquitectos, Pecha Kucha night, urbanismo






Sen comentarios
Envia un comentario: