Ao longo do século XX as formas de habitar en colectividade teñen mudado máis que os tipos de vivendas que os albergan. De todos xeitos moitos destes trocos remataron por reflexarse ao interior do bloque que se crea para reunilos, nos seus elementos comúns e nos apartamentos onde se pechan as súas actividades máis privadas.
As estructuras familiares e os hábitos delas, ao longo do pasado século e na actualidade, aportan novos usos a un espacio que de xeito moi lento ofrece resposta no deseño das vivendas. Dende a organización e xerarquía dos espacios, ate a modificación do seu programa, a cociña, o salón, os cuartos, os baños e as distintas pezas coas que estamos familiarizados teñen mudado e mudaran ao longo das nosas vidas sen que moitas veces a estructura do apartamento no que vivimos sexa o suficiente flexible para adaptarse a elas.
Os seguintes vídeos amósanos de xeito moi xeral as modificacións nos espacios que abrigan usos comunais ou individuais ao interior dos apartamentos. Pertencen á exposición organizada polo Ministerio da Vivenda sobre a ”Vivenda Protexida, Historia dunha necesidade”. Son un índice, uns apuntamentos rápidos que non chegan a ilustrar a historia do acontecido, pero permiten facernos reflexionar sobre o futuro das estructuras residenciais, e a necesidade de vivenda para todos.
VIVIENDA PROTEGIDA. Cambio de programa from edicions espontaneas on Vimeo.
O CUARTO
EL DORMITORIO. Vivienda protegida, historia de una necesidad from edicions espontaneas on Vimeo.
A COCIÑA
LA COCINA. Vivienda protegida, historia de una necesidad from edicions espontaneas on Vimeo.
O COMEDOR
EL COMEDOR. Vivienda protegida, historia de una necesidad from edicions espontaneas on Vimeo.
O BAÑO
EL BAÑO. Vivenda Protegida, historia de una necesidad from edicions espontaneas on Vimeo.
Arquitectura, espacios domésticos, habitabilidade, habitar, vivenda, vivenda digna, vivenda colectiva, vivenda social






Sen comentarios
Envia un comentario: