.

enenenen

 

 

¿Para que serve un Centro Cívico?

Jul 26th 2009
No Comments
responder
trackback

Estes dias estamos a reflexionar cos nosos alumnos sobre a necesidade de espazos de relación que melloren o intercambio veciñal, preguntandonos a que debe responder o seu deseño e o seu programa de actividades. Por iso recuperamos agora os videos da reunión que tivemos en Xaneiro coa Directora do Centro Cívico do Castrillón e os respresentantes das asociacións de maiores e mulleres, aos que agradecemos o seu interese e a paciencia que tiveron para explicarnos para que serve un Centro Cívico, que actividades se realizan nel, e como se fomenta a participación veciñal.

Ao longo do século XX nos paises de Europa socialmente máis avanzados, fóronse creando espazos para a comunidade que entre outros serviran como lugar de eventos culturais, ofreceran servizos persoais, e incorporaran aloxamento para colectivos ou entidades locais. Estes lugares e edificios que en España xurdiron a partir da chegada da Democracia, recibiron nomes como centros sociais, cívicos, comunitarios, casas de cultura, centros socioculturais… no seu deseño e organización conviven actividades para a relación dos habitantes do barrio e a cidade a través do ocio e a cultura. A súa forma non responde a un tipo e varia tanto como a multitude de actividades que presta, de día e de noite, para distintos colectivos sociais, e idades. Estes tamén denominados equipamentos de proximidade nacen para enriquecer a relación veciñal nos barrios e crear cidadáns, pero, ¿realmente o consiguen?…

Para que serve un Centro Cívico?, Qué actividades realízanse nel?, Quen programa as súas actividades?, Qué tipo de persoas participan máis no centro?…

Centro Civico Castrillon 1 from edicions espontaneas on Vimeo.

Como se relacionaba a xente do barrio antes da existencia do Centro Cívico?, Fomenta o encontro veciñal?, Crea unha rede social e con outros barrios?, a súa existencia foi unha demanda veciñal ou unha decisión administrativa?, Cambia os hábitos dos veciños o incremento da sociabilización e da participación?…

Centro Civico Castrillon 2 from edicions espontaneas on Vimeo.

¿Qué actividades son as máis demandadas polos usuarios dun Centro Cívico?, Qué relación existe entre as actividades dos usuarios e os problemas do barrio?, Ten a organización das actividades un carácter voluntario?, Existe voluntariado social no Centro?, Qué papel xoga nas súas actividades?, Hai actividades que non se poidan realizar?, Por que?, Cales son?…

Centro Civico Castrillon 3 from edicions espontaneas on Vimeo.

Participa a xente nova nas actividades do Centro Cívico?, Qué actividades demanda?, Hay voluntariado entre a xente nova?…

Centro Civico Castrillon 4 from edicions espontaneas on Vimeo.


, , , , , , , ,

Sen comentarios

Envia un comentario:

¿Para que serve un Centro Cívico?

EE funciona bajo Wordpress. Theme unstandard modificado y traducido por pgfernandez.es