.

enenen

 

 

Kilkenny. Privatizar un centro histórico

May 9th 2009
No Comments
responder
trackback

Do 23-27 de Febreiro estivemos en Dublin para participar na presentación dos proxectos de vivenda colectiva dos alumnos de 2º curso da UCD-University College Dublin. No tempo libre que tivemos percorrimos novas áreas urbanas coma a dos Docklands, ou Elmpark; espacios para o consumo especulativo cunha arquitectura banal, sen apenas lugares de relación. Atopamonos con esta imaxe estandarizada da terciarización urbana cada vez máis a miudo, en calquera canto do mundo. Tras destas paisaxes repetitivas preguntamonos porque mentres a cidade atual se orienta cara o consumo e o ocio admitimos que o xeito de construila sexa igual de efimero e intranscendente que a falsa ilusión de felicidade que se vende neses novos espacios.

Viaxando cara o sur de Irlanda un par de horas en tren, quixemos comprobar como responde a estas transformacions o pequeno núcleo de Kilkenny, unha das vilas históricas máis senlleiras de Irlanda e tamen das máis turísticas… Percorrimos as duas ruas que conformaron o centro histórico da vila, e despois o perimetro exterior a elas onde se atopaba a muralla medieval. A nosa sorpresa foi atoparnos cun centro histórico totalmente privatizado, onde apenas quedan residentes nas casas que  ocupa o comercio, nos baixos ou na totalidade dos edificios, deixando un centro vacio ao caer a tarde onde alguns dos edificios serven de fachada a aparcamentos, centros comerciais, ou almacens. Neste video podemos ver o ambente durante a hora de apertura do comercio, e observar como unha imaxe que venden como medieval encerra un gran centro comercial formado por un tecido urbano mercantilizado.

Kilkenny from edicions espontaneas on Vimeo.

Como se pode observar máis abaixo na secuencia fotográfica, camiñando arredor do perimetro histórico atopamonos coa infraestructura que permite dar servizo ao comercio do centro, para asumir a mobilidade dos habitantes do contorno e atraer visitantes. Esta paisaxe é unha suma de espazos para aparcamento en superficie, naves para almacenaxe, e centros comerciais, entremezclados con algunha gasolineira, industrias e zonas residenciais de adosados… Na vez de consolidar o contido habitacional deste centro cun programa de rehabilitación das vivendas, puxose “en venda” a parte máis importante da memoria colectiva convertindoa nun valor de cambio orientado a un mercado transnacional, un espacio urbano para ser visitado intensivamente e a tempo parcial.     


, , , , , , , ,

Sen comentarios

Envia un comentario:

Kilkenny. Privatizar un centro histórico

EE funciona bajo Wordpress. Theme unstandard modificado y traducido por pgfernandez.es