O “Highline” é un proxecto de rexeneración urbana do viaducto de trenes de Nueva York. O “NYC Highline” da uso público á vella infraestrutura transformándoa nun sistema de áreas verdes e equipamentos conectando 3 barrios de New York. O “Highline” é quizais unha das obras máis icónicas do Nova York actual, na que se xunta a recuperación dun espazo para uso público, a reutilización dun elemento da memoria dun lugar, e a reivindicación veciñal para preservar o lugar, e influir sobre os seus politicos conseguindo que se convirta nun lugar de encontro.
O concurso aberto aos cidadans e organizado pola Asociación de Amigos do Highline para a recuperación das vias de ferrocarril, foi contratado ao estudio neoyorquino diller scofidio+renfro e aos paisaxistas Field Operations. No seguinte video podemos ver unha montaxe da obra calificada polos autores de “agri-tectura”. Un avance das obras proxectadas para rematarse na Primaveira deste ano 2009, atopase na web dos autores e no mesmo blog da asociación, con videos explicativos e imaxes.
Os amigos do Hihgline (FHL) son unha organización no lucrativa adicada á preservación e reutilización da histórica estructura elevada do ferrocaril de 2,5km sita no oeste de Manhattan. Fundada en 1999, FHL é apoiado por casi todolas asociacions veciñais do entorno do “Higline”, organizacions cívicas, profesionais, e particulares de New York e dos Estados Unidos. Neste video documental recollese un resumo da história do movemento que asociou aos habitantes de NY para converter en público o “Higline”.
area verde, Cidade, espacio publico, New York, paisaxe, parque, participación cidada, reciclado, sostenibilidade, sostenible, veciños






2 Comentarios
Simplemente interesantisimo, a pesar de ser una actitud habitual esta de recuperación de partes olvidadas de la ciudad.
Sin duda estas son las propuestas que generan oportunidades en la ciudad. En relación a este post se encuentra http://stgo.es/2008/11/redhook-competition/
que pretende del mismo modo tratar los tradicionales límites que provocan las infraestructuras con espacios de uso público también en la ciudad de Nueva York.
Links
Envia un comentario: