.

enenenen

 

 

Miami. A urbanización extensa

Jan 31st 2009
One Comment
responder
trackback

En abril de 2008 visitamos o Centro de Deseño Urbano e Comunitario da Universidade de Miami, e durante unha semana experimentamos o estilo de vida nunha cidade organizada ao longo de estradas. A cantidade de viario (infraestrutura pública) por edificio (estrutura privada) é extremadamente alta, fronte á baixa densidade da ocupación do terreo que require maiores lonxitudes de infraestrutura para distribuír servizos municipais. Os quilómetros de viais necesarios para conectar cada anaco de áreas residenciais serven somentes a un tipo de actividade, e dado que a vida diaria implica unha grande variedade de actividades, os residentes das áreas residenciais de Miami usan unha grande cantidade de tempo e diñeiro para moverse dun lugar a outro. Como a maior parte deste movemento acontece en automóbiles, os moitos fragmentos desasociados de áreas residenciais son a paisaxe máis claramente visible da cidade.


Miami I from edicions espontaneas on Vimeo.

Non hai apenas espazos públicos e parques nos suburbios de Miami, debemos conducir un anaco longo para poder camiñar ou atoparnos con xente. Non atopamos xente camiñando nas beirarrúas dos suburbios. A urbanización difusa marca o crecemento urbano actual, onde os vellos barrios históricos como Coral Gables ou Coconut Grove se percorren como figuras estrañas doutro tipo de experiencia máis humana, afastada á que proporciona o illamento da viaxe en coche. O patrón urbano de Miami é racional e comprensible, o seu funcionamento é en gran parte predicible, é un sistema organizado para vivir, pero, este sistema é en si mesmo insostible. Mesmo con densidades demográficas relativamente baixas, non é un tipo de crecemento san, é difícil de manter economicamente e consume moito chan, produce problemas de tráfico, aumenta o illamento e a segregación social, extendendose lentamente sobre áreas naturais. Mentres o anel das áreas residenciais crece arredor da cidade, valeirase o centro. Mesmo mentres tentan revitalizar barrios e distritos financeiros céntricos, o anel interno de suburbios incrementa os seus problemas, perde habitantes e negocios que se trasladan a localizacións nun novo bordo suburbano máis económico.


Miami II from edicions espontaneas on Vimeo.

A partícula elemental dos suburbios de Miami é a casa unifamiliar. O modelo actual é a versión da comida rápida do soño americano, chámana a McMansion. As súas raíces pódense atopar na casa rural, ou na cabana nos bosques dos primeiros colonos. A diferencia das súas precursoras a McMansion está situada no centro dunha parcela. Como as súas contrapartes culinarias, a McMansion proporciona un valor excelente para o seu prezo. Dólar a Dólar, ningunha outra sociedade achégase aos Estados Unidos en termos de número de metros cadrados por persoa na vivenda, número de baños por dormitorio, número de aparatos na cociña, calidade da climatización, e espazo para garaxe. O problema para a maioría dos residentes suburbanos atópase ao minuto de deixar este “refuxio”, e enfrontarse a un ámbito monótono e esgotador. Entran nos seus coches e emprenden unha viaxe á banalidade ata chegar ao interior do seu seguinte destino. Os americanos tal vez teñan un dos espazos privados máis confortables do mundo desenvolvido, pero o seu espazo público esta falto de humanidade. Enfrontado a subdivisións repetitivas, vías sen árbores, e aparcamentos extensos, o cidadán atopa poucos espazos públicos dignos de visitar. O papel dos habitantes da cidade neste ambiente é como o do motorista que compite co asfalto.


Miami III from edicions espontaneas on Vimeo.


, , , , , , , , , ,

1 Comentario

  1. Escala

    Totalmente de acuerdo con esta exposión, que parece intentar hacernos reflexionar acerca de una determinada modalidad de composición urbana “tan diferente a la nuestra” (europea).
    Pero a caso, ¿debemos entenderlo como algo erróneo?, si nos paramos a reflexionar para entenderlo, vemos que algo bueno se presenta y es el lograr desarrollar una arquitectura (mundo privado), preocupado por el individuo, algo que en nuestro pais parece desconocido, cediendo así un punto de inflexión para la arquitectura, un aliento de aire. Algo básico para entender y desarrollar la “correcta” arquitectura, una modalidad que parece deber reunir de cualidades “urbanas” para un desarrollo social con los suyos inexistentes para ellos.
    Pero acaso todo esto es correcto? debemos centrarnos en conseguir algo en nuestro espacio que es fundamental para los individuos y de caracter colectivo?, Sinceramente creo que no… Conquistar el territorio, es conocerlo, identificarlo y recorrerlo del modo más claro y evidente, a pie, la clave de la relación interrelativa en el colectivo.

Links

Envia un comentario:

Miami. A urbanización extensa

EE funciona bajo Wordpress. Theme unstandard modificado y traducido por pgfernandez.es