En 1922 Le Corbusier presentaba a súa proposta para unha cidade de tres millóns de Habitantes, esta “Ville Radieuse“ estivo dende entón no debate dos modelos de organización da cidade occidental, criticouse a súa separación de funcións, e a deshumanización das novas cidades creadas a partir da súa influencia. Dende entón elaboráronse propostas máis humanas e sostibles, aínda así, a nosa cidade contemporánea parécese á súa pero sen orde, con torres de oficinas de vidro e vivendas en edificios de bloques altos, rodeados de campos de herba con camiños curvilíneos. Le Corbusier estableceu un precedente contra o amoreamento, a insalubridade e a trama da cidade fragmentaria, orgánica, e descontrolada. Cando se están a cumprir 100 anos destas reflexións, poucas persoas poñen atención aos procesos de urbanización que están a xerar asentamentos de millóns de persoas organizados sen modelo nin control, estas cidades informais serán as máis poboadas do planeta en poucas décadas e a súa organización social moi distinta dos modelos occidentais que coñecemos.
Robert Neuwirth pasou dos anos vivindo en cidades informais de catro continentes antes de escribir o su libro “shadow cities” (ciudades na sombra). No que tenta contar a vida e organización social dos poboados de chabolas onde agora xa viven arredor de mil millons persoas, e nos que se espera que vivan tres mil millons (un tercio da humanidade) antes de 2050.
As aldeas están sendo abandonadas e billons de personas trocan os espacios Rurais por cidades para rematar vivindo en chabolas de asentamentos informais e campos de refuxiados. Stewart Brand pensa que isto ten algo de positivo. ¿Por qué? en tres minutos trata de contarnolo…
Dende o movemento contracultural dos anos 60, Stewart Brand amosouse coma un pensador crítico e un innovador que ten axudado a poñelos cimentos do mundo cibernético. Fundador do catálogo global da terra, co-fundador hoxe de Long Now Foundation, escritor, redactor, deseñador de xogos, Stewart ten axudado a definir un mundo de redes de colaboración e intercambiando datos, para explicar o mundo no que vivimos.
aldea abandonada, chabola, chabolismo, Cidade, cidade informal, emigración, habitar, Roberto Neuwirth, sostenibilidade, Stewart Brand, veciños






Sen comentarios
Envia un comentario: