Hoogvliet é escenario dun dos máis grandes proxectos de rexeneración urbana de Holanda. Cidade satélite situada ao Sur de Rotterdam, deseñada despois da Segunda Grande Guerra como residencia para traballadores do porto e das suas industrias petroquímicas, foi dimensionada para 60.000 residentes entorno a nove veciñanzas construidas xirando sobor dun centro comercial, nas que agora viven 37.500 persoas en 17.000 vivendas, cun 77% delas construido antes de 1968. O 80% son aínda vivendas públicas, cun 53% de bloques illados de varias alturas, so o vinte por cento é de propiedade privada.
Rotterdam South. Hoogvliet I from edicions espontaneas on Vimeo.
A fins dos anos 60 non se completara a construcción da cidade, estaba falta de boas comunicacions e infraestructuras básicas, decidindose daquelas mezcolar o carácter urbano da alta densidade orixinal coa baixa densidade suburbial no derradeiro cuarto de ciudade edificada cara o Sur. Cos anos a cidade satélite convertiuse nun área marxinal, con problemas de segregación social, falta de comunicación coa cidade central, e contaminación. Nos anos 90 privatizaron as asociacions de viviendas, o Concello ofreceu aos colectivos veciñais o solo público e a vivenda, e estes negociaron con inversores privados un proxecto de renovación urbana que derrubou e construiu 4.000 vivendas, introducindo novas dotacions, con arquitecturas experimentais, proxectos artísticos e socioculturais, tentando atraer novos residentes para mellorar a calidade de vida do lugar sen expulsar aos vellos residentes. O que se ten conseguido so en parte, pois a división entre norte urban e sur suburban ainda é manifesta, hai veciños que venderon e marcharon, provocando o trasfego de poboación con baixos xuros da perifería á cidade central, e o desplazamento de poboación con maiores xuros a outros concellos limítrofes.
Rotterdam South. Hoogvliet II from edicions espontaneas on Vimeo.
Rotterdam South. Hoogvliet III from edicions espontaneas on Vimeo.
Arquitectura, Barrio, cidades satelite, habitar, Holanda, novas cidades, renovación urbana, Rotterdam, urbanismo, veciños






Sen comentarios
Envia un comentario: