.

enenen

 

 

A Coruña. Urbanización difusa

Dec 14th 2008
One Comment
responder
trackback


A Coruña. Area Metropolitana I from edicions espontaneas on Vimeo.

A evolución da técnica e da economía está trasladando ao territorio usos e funcións urbanas que non poden ser desenroladas nas cidades, que no afán de situarse segundo as súas necesidades fan da urbanización difusa o seu modelo territorial. En termos económicos os custes de esta extensión da urbanización son moi elevados, ao construírse cunha baixa densidade que non trae consigo un reequilibrio territorial senón unicamente consumo espacial, reducción do chan agrícola e forestal, artificialización da natureza e novas ocupacións do espacio rural que nono integran nas novas estructuras territoriais senón que destrúen o seu antigo equilibrio.

Que o rural se abandone e se transformen as vellas estructuras herdadas sen un proxecto rexional que atenda á difusión do urbano, sen reforma extensiva do uso do chan, coa falla de control nos procesos de urbanización e uso de políticas urbanísticas que repiten esquemas urbanos para desenrolos en condicións non urbanas, sexan ou non rurais. Ten permitido que un dos territorios más vellos e intensamente humanizados de Europa, cunha paisaxe agraria minuciosamente elaborada, un territorio dotado de accesibilidade xeneralizada, parcelado polo miúdo, con un rico e extenso patrimonio popular ambiental e arquitectónico intacto hasta fai corenta años, teña quedado nas mans de calesqueira iniciativa individual de uso edificatorio alternativo.

 

Posuímos un territorio sen modelo, rico, complexo e invertebrado, falto de aquilo que a acción de urbanizar, a urbanización, debera conseguir: a integración de todos os habitantes, e a igualdade de oportunidades e servicios dentro do mesmo territorio.


A Coruña. Area Metropolitana II from edicions espontaneas on Vimeo.


, , , , , , , , , ,

1 Comentario

  1. É unha pena toda esta situacion, pero máis aínda que non se tomen medidas contra un problema que está totalmente presente e que cos mesmos recursos (sen poñer un centimo máis) poderíase solucionar.

    Moi boa entrada.

Links

Envia un comentario:

A Coruña. Urbanización difusa

EE funciona bajo Wordpress. Theme unstandard modificado y traducido por pgfernandez.es