.

enenenen

 

 

Jaime Lerner: manifesto a prol da cidade sostible

Nov 26th 2008
No Comments
responder
trackback

Jaime Lerner modificou o espazo urbano de Curitiba, Brasil, acuñando o térmo “Acupuntura Urbana” para definir outra forma de ver o que é posible facer a prol da habitabilidade urbana dende a pequena escala, sen moitos orzamentos, e contando coa participación cidadá. Para moitos gobernos municipais que buscan melloras visibeis nas suas ruas conxestionadas, o troco midese en meses e anos, Jaime Lerner tentou opcions flexibeis e directas que reducisen ise tempo, chegando a obter trocos en horas. Como alcalde de Curitiba impulsou a transformación, durante o fin de semana, dunha arteria comercial nunha alameda peonil espaciosa. Dende enton convertiuse nunha referencia non só para os seus veciños,  tamén entre os planificadores urbanos que buscan un deseño de cidade máis verde e sostible. A sua creencia de que “a creatividade escomeza cando se recorta a cero o orzamento” ten inspirado un número de solucions a problemas urbanos, incluindo a mellora na rede de transporte urbano ou o programa “lixo por alimento” que permite aos cidadans intercambiar bolsas de lixo para reciclar, por bolsas de comida en tendas de comestibeis.

, , , , ,

Sen comentarios

Envia un comentario:

Jaime Lerner: manifesto a prol da cidade sostible

EE funciona bajo Wordpress. Theme unstandard modificado y traducido por pgfernandez.es